Partido Popular de Lugo

BALSEIRO SUBLIÑA QUE A XUNTA SUBVENCIONA ATA O 50% DOS INVESTIMENTOS REALIZADOS POR EMPRESAS DO ÁMBITO RURAL EN NOVAS TECNOLOXIAS

Santiago a 9 de  maio de 2013.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, vén de salientar que as microempresas situadas no ámbito rural galego poden acceder a unha subvención de ata o 50% don investimentos que realicen en novas tecnoloxías e equipos informáticos. De feito a Consellería do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros a este obxectivo no periodo 2013.

Estas axudas están destinadas, máis en concreto, á implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software), para que as microempresas aproveiten as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) xunto co acceso a internet de calidade, no seu proceso de negocio. Entre outras subvencionan a adquisición de páxinas web, licenzas de software ofimático (procesador textos, cálculo, presentacións, fotografía, debuxo, etc)

Balseiro explicou que a intensidade da axuda será como máximo do 50 % dos investimentos subvencionables recollidos na solicitude, e ata un máximo de 30.000 euros de subvención por beneficiario.

Poderán solicitar e beneficiarse destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia sempre que dispoñan que de menos de 10 traballadores no cadro de persoal e non estean radicadas no ámbito urbano das sete grandes cidades galegas.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará a primeiros do mes de xuño e poden obter máis información na páxina web oficial da Agader (http://agader.xunta.es), no seu apartado de «liña de axudas» ou no teléfono 981 54 73 82 desta axencia.

Estas axudas estan financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 e que son xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Esta axencia é o instrumento básico de actuación da Xunta no medio rural, á que lle corresponden as funcións de fomento e coordinación do desenvolvemento do rural galego para mellorar as condicións de vida e evitar no posible o despoboamento deste territorio.