Partido Popular de Lugo

Jesús López Penabad foi elexido esta mañá presidente do PP de Ribadeo no congreso local

Lugo, 4 de maio de 2013.- A casa do mar de Ribadeo acolleu esta mañá o congreso local no que Jesús López Penabad foi elexido presidente dos populares neste Concello.

López Penabad acompañado polo comité executivo e o secretario xeral e presidente provincial

López Penabad acompañado polo comité executivo e o secretario xeral e presidente provincial

No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

O recén elexido presidente local presentou a lista dos integrantes do comité executivo, entre os que figuran: vicepresidente, Daniel Vega Pérez; secretario xeral, Ramón J Menéndez Rocha; vicesecretario do organización, José María Suárez García; vicesecretario de afiliación, María de la Paz Ramos Fernández; vicesecretarios de tesorería, Alejandro de la Osa Fernández e Natividad Castro Colmenares; NNXX, Beatriz Fernández Insua.

Como vocales figuran: Baldomero Castro, María Dolores Tojo, José Luis Muruais, Abelardo Cuadrado, Rosa García de Presno, Alba Rodil, Joaquín Sanjulián, Ana María Díaz, Julio Carballal, Manuel Fernández, Francisco Río, Esther Villabrille, Pedro Antonio Fernández e María Concepción Vilabrille. Como vocais electos: portavoz municipal, Manuel Alfonso Valín e membros natos, Azucena González e María do Campo López- Braña.

Xa fai un ano Jesús López Penabad fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DO RECÉN PRESIDENTE DO PP LOCAL DE RIBADEO

Nado en Ribadeo, o 16 de agosto de 1971, este Enxeñeiro Técnico Forestal, está casado e ten dous fillos. É afiliado ao PP dende 2006 e foi edil en Ribadeo do 2007 ao 2011