Partido Popular de Lugo

Juan Serrano foi elexido esta tarde presidente do PP de Portomarín no congreso local

Lugo, 3 de maio de 2013.- A casa da cultura de Portomarín acolleu esta tarde- noite o congreso local no que o actual rexedor, Juan Serrano foi elexido presidente dos populares neste Concello.

Serrano acompañado polo comité executivo e polo secretario xeral e presidente provincial

Serrano acompañado polo comité executivo e polo secretario xeral e presidente provincial

No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

O conclave celebrase logo de que o PP acadara o reto de recuperar a alcaldía e polo tanto, logo da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade.

O recén elexido presidente local presentou a lista dos integrantes do comité executivo, entre os que figuran: José Antonio Soengas Rodríguez, José Pérez Fernández, Manuel Vega Pin, José Manuel López González, Mª Carmen Pérez Fontao, Manuel Enriquez Villamor, Arturo Louzao Portomeñe, Elias Vázquez Vázquez, Eloy Rodríguez López e Concepción Ruiz Jarillo.

Xa fai un ano Juan Serrano fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DO RECÉN PRESIDENTE DO PP LOCAL DE PORTOMARÍN

Nado en Portomarín, o 31 de xuño de 1965, este empresario, gandeiro de profesión, ten tres fillos. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou por primeira vez a candidatura dos populares de Portomarín, ao relevar ao por entón alcalde Eloy Rodríguez.