Partido Popular de Lugo

Ismael Torres asume hoxe a responsabilidade de coordinar as xuntas locais da comarca de Sarria

Sarria, 26 de abril 2013.- O mozo popular Ismael Torres Balboa asume hoxe a responsabilidade de coordinar o traballo desempeñado polas xuntas locais da agrupación político xuvenil na comarca de Sarria. A constitución da xunta comarcal celebrarase esta tarde, ás 21:00 horas, na sede do PP de Sarria, durante un acto no que participará o presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega.

A comarcal de Sarria é a terceira que se constitúe na provincia de Lugo trala formación das xuntas na Mariña e máis na Terra Chá. Segundo explica o presidente provincial de Novas Xeracións, “as xuntas comarcais permiten axilizar o funcionamento da agrupación así como conseguir a maior difusión e supervivencia de NN.XX”. Trátase, polo tanto, dunha aposta clara da agrupación política polo formación destas xuntas como dinamizadoras dos concellos.

Presenza de NN.XX. na Comarca

A agrupación político xuvenil vinculada aos populares conta con xuntas locais de Novas Xeracións nos municipios do Incio e Sarria; e teñen previsto próximas constitucións en Láncara, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.