O Incio, 25 de abril de 2013.- O Voceiro do PP en O Incio, Jose Álvarez insiste en que foi a nefasta xestión de Laura Celeiro a que provocou a situación na que se atopan arestora os veciños das parroquias de Vilasouto, Laiosa e dos núcleos de Vilareguenga e A Ermida.
“Foi o desinterese da rexedora, quen despreciou as posibles solucións que se lle propuxeron por parte da Confederación Hidrográfica Miño Sil, a que deu lugar ao corte do suministro da auga do Encoro de Vilasouto ás parroquias mencionadas anteriormente e a que provocou que os veciños estén agora sen auga”.
Insiste o voceiro do PP en O Incio en que a situación non se houbera prorrogado ou dilatado ata a data de hoxe si a rexedora tivera en conta as propostas de solución da CHMS, posto que agora, a concentración de cianobacterias é maior e obrigou a cortar, en consecuencia, o suministro.
“Se a Señora Celeiro atendera a esas propostas, tampouco sería necesario malgastar diñeiro público agora en transportar auga para cubrir as necesidades dos veciños, como por exemplo en alugar unha cisterna para transportar auga”- manifiesta Jose Álvarez.
Lembra o popular que o seu partido xa leva un tempo esixindo a Señora Celeiro que defenda os intereses dos veciños, máis cando se trata de casos como este, pero nembargantes, a rexedora fixo caso omiso, pasou de todo e agora os afectados da súa pasividade son os veciños, quenes están sen auga.
Álvarez lembra que o seu grupo presentou unha moción na que se pedía que se solicitase o aprazamento do corte do suministro da auga do que a Confederación avisaba e que, dende o Concello, se advertise individualmente mediante comunicación ós veciños do risco de utilizar esta auga para uso doméstico, algo que Laura Celeiro non fixo.
“Nembargantes e malia a aprobarse a moción por unanimidade, o suministro de auga cortouse posto que a Sra. Alcaldesa non foi capaz de negociar nada ó respecto”- manifesta Álvarez quen engade, que Laura Celeiro tampouco lle advertíu aos veciños do risco de consumir auga, tal como demandaba o PP.
Critica o popular unha falta total de transparencia e oscurantismo por parte da rexedora e lamenta que sexan os veciños os que teñen que pagar agora a súa nula xestión.