Partido Popular de Lugo

O APOIO DO PPDEG PERMITE APROBAR NO PARLAMENTO UN PLAN DE VALORIZACIÓN ECONÓMICA DO COUREL

Santiago, 25 de abril de 2013.- O apoio do PPdeG permitíu hoxe aprobar na Comisión de Agricultura do Parlamento unha iniciativa encamiñada a crear un plan de valorización económica do Courel baseado na sustentabilidade ecolóxica e agraria. O deputado popular Santiago Freire resaltou na súa intervención que a Xunta “xa está levando a cabo accións dentro dos plans Impulsa das provincias do interior e incorporando propostas vinculadas a actividade agrogandeira e forestal baseadas na estabilidade ecolóxica da zona”.

Como exemplo Santiago Freire nomeou que hoxe mesmo na intervención do Secretario Xeral de Medio Rural na Comisión, falou do plan de aproveitamento da castaña no que está a traballar a Xunta “creando a marca castaña galega e potenciando e xerando actividade económica de aproveitamento deste produto tan demandado e aceptado dando facilidades para a súa comercialización e envasado”.

O texto aprobado hoxe na Comisión partíu dunha iniciativa de AGE, da que o PPdeG pedíu a súa votación por separado dos puntos, na que se solicitaba o Parque Natural do Courel. O deputado do PPdeG sinalou que a Serra do Caurel acumula varias figuras de protección: forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Ancares-Courel, tendo por tanto a condición de Espazo Protexido Natura 2000, está incluida na rede galega de espazos protexidos mediante o Decreto 72/2004 polo que se declaran Zonas de Especial protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e conta ademais ca figura de protección Monumento Natural que protexe a formación xeomorfolóxica “Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós” en Quiroga.

“A creación do parque natural non vai proporcionar unha maior protección ambiental da que xa posúe, únicamente aportaría unha compoñente de promoción e ordenación de uso público que traería connotacións para os propietarios” segundo o deputado do PPdeG.