Cervantes 25 de abril de 2013.- O PP denuncia a falta de axilidade e a deixadez de Gómez Besteiro quen non resolve os problemas dos lucenses, e neste caso concreto, dos veciños de Cervantes.
LU-P-0702 Liber-Degrada |
![]() |
LU-P-1401 Doiras- Degrada |
Refírense os populares nesta ocasión ao o deteriorio en varias estradas provinciais no Concello de Cervantes, concretamente na LU-P-1401 Doiras- Degrada e a LU-P-0702 Liber-Degrada, as cales se atopan con diversos baches que impiden unha correcta circulación ademáis de presentar unha gran perigosidade para todo aquel conductor ou peón que utilice este vial.
Os populares insisten en que estas estradas teñen un responsable que non é outro que o Presidente da Deputación, quen non fai nada para solventar esta problemática que repercute na seguriade e no peto dos conductores.
O PP insta ao Presidente da Deputación a que deixe a un lado outras preocupacións que parece ter nestes intres e acuda a Cervantes para ver como se atopan as estradas, das cales é responsable.