Santiago, 23 de abril de 2013.- O voceiro de Educación do PPdeG, Román Rodríguez, indicou hoxe no pleno do Parlamento que a conversión dos centros Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense e As Mercedes de Lugo en Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) “vai contribuír a incrementar a oferta do ensino público nas súas cidades”. Román Rodríguez indicou que a proposta é “recolocar ao alumnado que está cursando ESO e Bacharelato noutros centros da cidade e a conversión destes centros en CIFP producíndose un aumento da oferta educativa, máis especialización e incremento dos ciclos formativos “se trata de millorar, en definitiva, o ensino público”.
Para o voceiro de Educación “pode haber molestias na recolocación dos alumnos de ESO e Bacharelato en centros públicos das cidades, molestias nas familias e no profesorado pero o resultado será amplamente satisfactorio e vai ter boa acollida nas cidades”. Así Román Rodríguez fixo referencia a que na pasada lexislatura esta medida se desenvolveu con notable éxito nos centros Manuel Antonio en Vigo ou Xunqueira I de Pontevedra “e despois de lanzar a oposición mensaxes apocalípticos, unha vez implementado o resultado foi moi satisfactorio e os mesmos profesores e profesionais recoñeceron que estaban equivocados coas súas críticas”.
Segundo o voceiro de Educación “trátase dunha medida de eficiencia e que servirá para prestixiar e potenciar a Formación Profesional”. Así indicou que a conversión dos centros en CIFP suporá máis especialización, incremento de ciclos formativos (en concreto Márketing e publicidade, Instalacións Térmicas, etc), servizos orientados a capacidade dos alumnos de buscar emprego, viveiros de empresas, desenvolvemento de FP a distancia, etc.
Se crearán en total máis de 200 novas prazas nos novos ciclos formativos e melloras nos centros, así en As Mercedes está previsto un investimento de máis de 4 millóns de euros para dotar ao novo centro de todos os recursos precisos, segundo o portavoz popular. Para Román Rodríguez “non é comprensible a postura contraria da oposición no seu afán de por trabas as melloras no ensino público, que abrirá mais oportunidades de futuro para os centros e os alumnos e para as cidades de Lugo e Ourense, aínda que o tempo deixará en evidencia as súas críticas, como xa pasou noutras ocasións”.