Partido Popular de Lugo

Javier Jorge Castiñeira e Elena Candia únicos candidatos á presidencia do Partido Popular de Foz e Mondoñedo

Lugo, 19 de abril de 2013.- A casa da cultura de Foz e a casa da xuventude de Mondoñedo acollerán o vindeiro 10 e 11 de maio, respectivamente, os congresos locais do PP.

Rematado o prazo para presentarse á Presidencia, Javier Jorge Castiñeira e Elena Candia aspiran a seguir liderando á formación política local co respaldo do conclave que terá lugar en Foz o venres día 10 de maio, as 20:30 horas, na Casa da Cultura e en Mondoñedo, o sábado día 11 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude.

Ademáis da elección da nova executiva, onde o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección, establecerase a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos.

Os Congresos de Foz e Mondoñedo son a terceira e cuarta cita a nivel local convocada polo Partido Popular de Lugo logo da celebración do de Portomarín e Ribadeo que encabezan estes conclaves.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA JAVIER JORGE CASTIÑEIRA

Natural de Foz, naceu no ano 1974. É arquitecto técnico pola Universidade de A Coruña.

Afiliado ao Partido Popular dende o 11- 5- 2010 e dende xuño de 2011 é alcalde deste concello da Mariña.

 

 

 

 

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA ELENA CANDIA LÓPEZ

 

Natural de Mondoñedo naceu en 1978. É avogada e traballa dende 2005, no sector asegurador.

Afiliada ao Partido Popular dende o 11-11-2004, foi edil de servizos sociais e emprego en Mondoñedo ata 2003. Actualmente é concelleira en dito concello e voceira do PP na Deputación.