Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo celebra este domingo a V edición da Comida de Confraternidade da zona rural

Luns, 15 de Abril de 2013.- Dende a Xunta Local do PP de Lugo promóvese un ano máis a Comida de Confraternidade da zona rural. A xuntanza, que alcanza xa a súa V Edición, terá lugar este domingo 21 de abril ás 14.30 hras no Restaurante de La Palloza e terá un custe de 20 euros.

A retirada das tarxetas que están á venda poderá realizarse ata este xoves tanto na sede do PP de Poeta Ramón Cabanillas coma no local do Grupo Municipal na Casa do Concello.

O Presidente da Xunta Local, Jaime Castiñeira, agradeceu ao concelleiro responsable da zona rural, Manuel López, “o seu esforzo por consolidar esta cita” destacando que “este acto serve como punto de encontro e intercambio para os veciños das parroquias do municipio que se senten discriminados porque o Concello de Lugo os segue tratando como cidadáns de terceira”, en alusión á falta de investimentos municipais na zona rural.

Neste tradicional xantar de confraternidade participarán o Presidente Provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro e o Presidente da Xunta Local Jaime Castiñeira, así como os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular, entre outros cargos do Partido.

Reunión responsables de sección

Xa dentro do calendario de actividade da Xunta local, esta semana terá lugar unha nova reunión mensual na que participarán os responsables das distintas seccións da cidade de Lugo. O Presidente Local Jaime Castiñeira analizará diferentes asuntos relacionados con distintas iniciativas municipais.