Partido Popular de Lugo

Juan Serrano será elexido presidente do PP de Portomarín nun congreso local que terá lugar o tres de maio

Lugo, 15 de abril de 2013.- A casa da cultura de Portomarín acollerá o venres día 3 de maio, ás 21: 00 horas, un Congreso local no que o actual rexedor, Juan Serrano será elexido presidente dos populares neste Concello.

Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, Juan Serrano foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense.

O Congreso local do PP de Portomarín é a primeira cita a nivel local que conmemorará o Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como presidente lucense.

Os populares teñen previsto convocar novos congresos locais en distintos puntos da provincia e desenvolver un amplo proceso de renovación e elección democrática nun importante número das súas formacións locais.