Lugo 8 de marzo de 2013.- O recén reelexido presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presidíu esta tarde a constitución do Comité Executivo e a posterior Xunta Directiva Provincial na que quedou ratificado dito comité.
Continúa á fronte da Secretaría Xeral, o mariñán José Manuel Balseiro e entre as principais novidades figuran a creacción da Presidencia de Honra, que recae na figura de Manuela López Besteiro, “unha muller cunha importancia vital na provincia e que a día de hoxe é a impulsora do movemento senior”.
Outras das novidades é posta en marcha de catro vicesecretarías que as pasan a ocupar dous homes e dúas mulleres: Raquel Arias, Delegada da Xunta en Lugo; Elena Candia, Voceira do PP na Deputación; Jaime Castiñeira, voceiro do PP no Concello de Lugo e Ramón Carballo, Subdelegado do Goberno na provincia.
Para desenvolver unha política de maior proximidade, José Manuel Barreiro, optou por fundar a figura dos coordinadores comarcais. Son os seguintes: en A Mariña: José María González Barcia; en Fonsagrada: Antonio Fernández; en Chantada: Ramiro Moure; en Lugo: Antonio Muíña; en Lemos: José Luis Álvarez; en Terra Chá: Gerardo Criado; en A Montaña: Jesús Manuel Núñez; en Meira: Ramiro Pérez; en A Ulloa: Javier Varela e en Sarria: José Antonio García.
A portavocía pasa a ocupala a monfortina Julia Rodríguez, actual voceira do PP en Monforte e Deputada Autonómica e a Secretaría da Organización recae no Presidente de Sogama, Luis Lamas.
Nos actos de hoxe, no que José Manuel Barreiro estivo arroupado por tódolos integrantes, dase por constituído o Comité Executivo do PP lucense que manterá xuntanzas constantes.