Partido Popular de Lugo

García Díez e Olga Iglesias trasladarán ao Congreso dos Deputados as peticións dos sindicatos agrarios no tocante ao proxecto de Lei da cadea alimentaria

Lugo, 5 de marzo de 2013.- Os Deputados Nacionais, Joaquín García Díez e Olga Iglesias, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos distintos representantes dos sindicatos agrarios galegos, Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, para escoitar as súas peticións no tocante ao proxecto de lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

Tras escoitar as súas inquedanzas, García Díez e Iglesias, mostraron o seu compromiso en trasladar todas estas inquietudes ao Congreso dos Deputados, manifestando que “estamos no momento oportuno para solventar problemas coma os do sector lácteo que tanta incidencia ten  para a nosa economía provincial”.

O proxecto de Lei atópase arestora en fase de presentación de enmendas por parte dos diferentes grupos políticos para logo continuar a súa tramitación no Senado.

Ámbolos dous Deputados, como membros dun grupo de traballo constituído no Congreso para mellorar este proxecto de lei, están recibindo a tódalas organizacións que teñan algo que decir na fase de presentación de enmendas a este documento.

Logo dunha quenda de xuntanzas en Madrid, hoxe mantiveron un encontro cos varios representantes de sindicatos agrarios galegos, unha mostra do interese de recoller o maior número de aportacións para mellorar o texto mediante a presentación de enmedas.

Concluíron ámbolos dous deputados, afirmando que en tódolos encontros celebrados ata a data, é unánime o calificativo de “valiente” a este proxecto.