Partido Popular de Lugo

Presidenta e relatores presentaron o documento co que discorre o PP de Lugo ao seu XVI Congreso Provincial

Lugo, 28 de febreiro de 2013.- Os relatores da ponencia do XVI congreso provincial: a edila de Friol, Deputada Autonómica e Voceira do Medio Rural no PPdeG, Isabel García Pacín, o edil no concello de Lugo, Manuel López, o xefe de Relacións Institucionais e Internacionais do Gabinete da Consellería de Medio Rural e Mar Antonio Basanta Fernández e a edila de Vilalba, Chery Grandío presentaron esta tarde, en rolda de prensa, o documento co que os populares discurren ao conclave popular e no que José Manuel Barreiro será reelexido Presidente do PP de Lugo.

Acompañando aos relatores, estivo a presidenta do Congreso, Julia Rodríguez, quen calificou o informe como un documento que “permitíu aos relatores dar a coñocer as propostas e ideas e aos militantes lanzar ideas de futuro; todo co obxectivo de seguir traballando pola provincia de Lugo, algo que ven facendo o partido dende sempre”.

Foi a Voceira do Medio Rural do PPdeG, Isabel García Pacín, quen calificou ao rural como unha panca para o movemento socioeconómico lucense  e sinalou que dende o  Partido Popular de Lugo “queremos continuar definindo as liñas estratéxicas que habiliten oportunidades económicas e laborais, facendo fincapé na formación e na mellora e dotación de infraestructuras para acoller a poboación, que por mor da mala situación económica, busca alternativas nos eidos da agrogandeiría e forestal, na agroindustria ou no sector servizos, posibilitando o asentamento da poboación e o relevo xeracional, cunhas condicións de renda e benestar semellantes a zonas urbanas”.

Asegurou García Pacín, que se “precisa seguir adoptando actuacións definidas por políticas que loiten contra o despoboamento, contra o envellecemento da poboación e favorezan un rural vivo e dinámico, para o que se precisa seguir investindo en conservación e mantemento das infraestructuras existentes, e mellorar a rede viaria coa suma de novos proxectos”.

No tocante a evolución da estrutura da produción agraria galega, a Voceira do Medio Rural asegurou que na última década, viuse aínda máis reforzada na especialización de cara a produción gandeira, reducíndose a produción vexetal, os cultivos, e dunha forma lixeira tamén aumentou a actividade secundaria non agraria.

“Lugo destacou e destaca hoxe en día polo seu potencial gandeiro. Abonda para testificar isto con sinalar que, no referente ao vacún de leite, a nosa provincia dispón de 4.988 explotacións, o que representa o 43% do total galego; e un censo de reproductoras de 138.538 vacas, o que supón o 41% do censo total de Galicia” manifestou García Pacín, quen engadeu que en termos de cota láctea tamén se aprecia a primacía da provincia, con 1.090.786 toneladas de leite anuais, de xeito que o 46% dos dereitos de producción galegos levan o selo da provincia de Lugo.

Falou tamén a popular do espazo forestal lucense, de quen dixo que a día de hoxe constitúe, coma o veu facendo desde sempre, un referente fundamental non so no eido primario, senón de forma xeral no contexto territorial de Lugo por canto esta superficie supón o 66% do territorio e destácase, con moito, coma os principal tipo de solo da nosa provincia.

“Ademais, este espazo lucense é, con 656.842 hectáreas, o de maior dimensión de Galicia, superando ás provincias restantes e supoñendo un 32% da cifra acumulada por este tipo de destino do solo na comunidade autónoma galega”- manifestou

Concluíu Isabel García Pacín falando do sector pesqueiro. Destacou que A Mariña de Lugo é, con máis de 43 millóns de quilos, a primeira zona da nosa comunidade en descarga de peixe fresco. Amais, este feito vén referendado polo valor acadado en primeira venda, xa que con 112,9 M€ eríxese como líder neste apartado en Galicia.