Lugo, 27 de febreiro de 2013.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de clausurar o congreso provincial do PP de Lugo que terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de marzo, na casa da cultura de Burela.
No conclave popular tamén participarán os presidentes provinciais así coma o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda e demáis conselleiros.
Ás 9:00 do vindeiro sábado comezará a quenda das acreditacións para que unha hora e cuarto despois, ás 10:15, o rexedor burelense, José María González Barcia, inicie o conclave co seu discurso de benvida.
Ás 10:30 comezará a proposta de regulamento do congreso e aprobación coa conseguinte votación e xa ás 10:35 terá lugar a ponencia “unha aposta decidida polo futuro da nosa provincia” cuxa relatora será a edila en Friol e Deputada Autonómica, Isabel García Pacín.
Ás 11:15 terá lugar a presentación do informe de xestión a cargo do Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e xa ás 12:30 será a quenda da intervención dos presidentes provinciais, a continuación, a do presidente electo e a última intervención e clausura do conclave terá lugar ás 13:20 a cargo do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.