Partido Popular de Lugo

López Penabad di que os 800 desempregados de Ribadeo esperan desculpas públicas do Alcalde e do Equipo de Goberno nacionalista

Ribadeo, 27 de febreiro de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad dixo hoxe que os 800 veciños desta localidade que se atopan no paro están á espera de recibir as desculpas públicas do Alcalde e do Equipo de Goberno nacionalista logo de que a directora xeral de Formación e Emprego da Xunta, Ana María Díaz López, confirmara en sede parlamentaria que o Concello non quixo corrixir os defectos na solicitude do obradoiro de emprego pese a ser advertidos de que de non facelo, suporía renunciar a esta axuda.

López Penabad lamenta que a “xestión calamitosa” de Suárez Barcía teña como resultado que se perderan 45 posibles novas contratacións, vinculadas ao obradoiro, en ámbitos con moitas posibilidades de futuro como son a fabricación de conservas vexetais, agricultura ecolóxica, promoción turística local e información ao visitante. “Estes veciños hoxe sen emprego perderon a opción de dispoñer dun contrato remunerado, e non están os tempos para que o Alcalde peche a porta a novos postos de traballo”

O presidente dos populares de Ribadeo agradeceu ao deputado popular Jose Manuel Balseiro que se interesara no Parlamento de Galicia pola tramitación desta solicitude e moi particularmente polas razóns que levaron ao Concello a renunciar a esta axuda. “Nos últimos tempos o BNG quixo enganarnos. E botar balóns fóra por feito que era unica e exclusivamente responsabilidade súa. Deben pedir perdón”

VIDEO EN FACEBOOK

López Penabad informou que publicaron o vídeo da resposta parlamentaria no perfil Facebook do Partido Popular de Ribadeo para que poidan consultalo todos os veciños que así o desexen e explicou que ante a contundencia dos datos facilitados coincide plenamente coa directora xeral cando asegurou que o alcalde “cando dicía que esta indignado, só estaba facendo un pouco de teatro, unha manobra para ocultar a súa propia incapacidade ante os veciños á hora de xestionar un procedemento administrativo moi sinxelo”

A XUIZO CO SUE DIÑEIRO

Finalmente López Penabad espera que Suárez Barcia rectifique e que nin se lle pase pola cabeza xudicializar un asunto –tal e como ten anunciado- no que é manifesta a incompetencia no proceder do goberno local.  “Se quere ir aos tribunais para facer o ridículo, que o faga co seu diñeiro, non cos medios e recursos do Concello. Xa fixo ten feito dano suficiente aos veciños, para seguir nesa actitude incomprensible”.