Lugo, 26 de febreiro de 2013.- A Comisión Organizadora do XVI Congreso do PP de Lugo presentou esta maña a tódolos membros que formarán a mesa do conclave que terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de marzo, na casa da cultura de Burela.
A presidenta será a voceira do PP en Monforte e Deputada Autonómica, Julia Rodríguez Barreira; o vicepresidente será o rexedor de Antas de Ulla, Javier Varela; a secretaria será a edila popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo e o secretario adxunto será o edil de As Nogais, Fernando Rodríguez González. Os vogais serán: a tenente de alcalde de Abadín, Begoña Gaute, Ana Fernández Castro edil de Sarria e o Vicesecretario Territorial de NNXX, Diego Campo.
Un conclave, que por primeira vez na historia, ten lugar fóra da capital lucense e ao que os populares lucenses chegan reforzados internamente e coa consolidación do apoio dunha maioría social como así demostra o estudo de datos obxectivos, así como o impulso de novas estruturas de participación e coordinación interna.