Partido Popular de Lugo

O alcalde de Burela, José María González Barcia, será o encargado de abrir o Congreso Provincial do PP de Lugo

Lugo, 25 de febreiro de 2013.- O alcalde de Burela, José María González Barcia será o encargado de abrir o Congreso do Provincial do PP de Lugo que terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de marzo, en Burela.

Esta é a primeira vez que unha localidade distinta da capital lucense acolle esta cita na que os populares da provincia elixirán a dirección do partido e a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos.

Jose María González Barcia será o encargado, como anfitrión, de dar a benvida as máis de mil persoas que segundos previsións participarán no Congreso Popular. Xa 800 serán compromisarios, dos cales 600 son electos nas distintas agrupacións locais, 142 natos en función dos cargos de responsabilidade que obstentan e 30 de Novas Xeracións, así coma, 200 invitados.

A cita tamén servirá como escaparate para o concello de Burela e o conxunto da Mariña lucense xa que durante ese sábado será o centro da actualidade política galega. Un cónclave no que José Manuel Barreiro, será reelexido líder dos populares lucenses.