Lugo, 23 de febreiro de 2013.- O comité organizador del XVI Congreso do PP de Lugo elexíu a monfortina, Julia Rodríguez, para presidir a mesa do cónclave, que se celebrará o vindeiro sábado, día 2 de marzo, no concello mariñá de Burela.
Julia Rodríguez, quen preside tamén a Comisión Organizadora do Congreso, é portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte e deputada autonómica nesta lexislatura. A popular foi tamén senadora no primeiro ano de mandato do Goberno Popular de Mariano Rajoy, de ahí que aúna moita experiencia non só a nivel local, senón tamén na política nacional e agora autonómica.
O demáis membros do comité organizador do cónclave valoraron a súa traxectoria e o coñecemento do partido, destacando os resultadosacadados nas pasadas eleccións.
O vindeiro sábado, día 2 de marzo, o PP de Lugo reunirase en Burela nun XVI Congreso Provincial no que, José Manuel Barreiro, será reelexido líder dos populares lucenses.