Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “sempre fala quen ten que estar calado; desapegados da realidade viviron os socialistas, enganando e levando a España a esta situación”

Lugo 22-2-2013.- Logo das declaracións verquidas polos mozos socialistas no tocante as políticas de emprego anunciadas por Mariano Rajoy para combater o desemprego xuvenil, o Presidente Provincial de NNXX, Daniel Vega, calificou de cara dura e denigrante a actitude do PSOE por enmascar en máis mentira a súa inicial falsedade

“É ben certo que sempre fala quen ten que estar calado” afirmou Vega, quen engadeu que son os populares os que viven pegados a realidade, traballando arreo para tratar de solventar situacións que os socialistas deixaron nun estado crítico”.

 

O popular afirmou que o seu partido está en continúo contacto cos diferentes sectores para escoitar as súas inquedanzas e arranxar os desastres que deixou o anterior goberno socialista.  

 

“Ademáis de estar en contiúo apego cos cidadáns, o Presidente do Goberno está tomando decisións moi positivas para combater o desemprego xuvenil”- afirmou Daniel Vega, quen lembrou que Mariano Rajoy anunciou unha estratexia para o emprendemento e emprego xuvenil que establece dúas vías: para os menores de 30 anos e novos autónomos, unha tarifa plana á Seguridade Social de 50 euros, durante os seis primeiros meses e para os menores de 30 anos farase compatible a prestación por desemprego co inicio dunha actividade por conta propia.

 

Concluíu o presidente provincial de NNXX pedindo responsabilidade aos socialistas e instándoos a que se abren a boca sexa para pedir disculpas aos cidadáns por deixalos nesta situación.