Partido Popular de Lugo

O GPP insta a Besteiro a que habilite un fondo de colaboración cos concellos para atender a obras de emerxencia

Lugo 21-2-2013.-  A Voceira do GPP, Elena Candia, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, que o seu partido levará á sesión plenaria do vindeiro martes, día 26 de febreiro, unha moción na que insta á Deputación de Lugo a que habilite un fondo para atender a obras de emerxencia.

A voceira popular explicou que a climatoloxía e a orografía lucense conforman un tándem propicio para que se produzan problemas na circulación, motivados, entre outras razóns, polo derrubamento e desprendementos de terreos e estradas. Por iso, e referindo as competencias das Deputación provinciais que se resumen principalmente en garantir os principios de cooperación e colaboración cos concellos, “consideramos prudente e aconsellable que por parte da administración provincial se habilite un fondo económico ao que podan acudir os concellos que se vexan incursos en circunstancias excepcionais”.

A portavoz popular explicou que este fondo permitirá aos concellos acudir en auxilio en caso dunha circunstancia excepcional acreditada tecnicamente. Asemade, Candia puntualizou que para evitar a politización e a discriminación na asignación destes fondos; o PP solicita que se garanta o acceso a este fondo a través “dun proceso áxil e respectuoso cos principios de igualdade e transparencia”.

Feitos excepcionais que esixen unha resposta áxil

A portavoz popular explica que estas circunstancias froito de incendencias climatolóxicas “si xustificarían unha resposta a través dun procedemento excepcional”, unha práctica, segundo asegurou Candia, “moi recorrida pola Deputación Provincial”, pero fronte á concesión de subvencións excepcionais a concellos da mesma cor política para fins tales como a proxección de películas, maxia ou títeres, “as citadas si que son circunstancias indiscutibles que demandan a colaboración das administracións”.

A través destes feitos incuestionables e con esta proposta, o Grupo Provincial Popular procura de maneira paulatina ir aminorando a falta de colaboración da Deputación cos concellos lucenses, que en condicións de poboación e superficie semellantes chegan a recibir un 90% menos do POS (Plan de Obras e Servizos) en comparativa cos municipios da Coruña.

Petición de colaboración cos concellos de Ourol e Mondoñedo

Os populares lembran a cicloxénese explosiva que se viviu na provincia a principios de anos, provocando que o mal tempo e as choivas de alta intensidade empeoraran a situación de inestabilidade dalgúns terreos, como aconteceu en Ourol e Mondoñedo.

Dado isto, os populares tamén instan á Deputación provincial de Lugo a que auxilie con carácter de urxencia aos Concellos de Ourol e Mondoñedo para darlle solución aos derrubes producidos polo temporal e as choivas.

Os populares lembran que en Ourol, unha estrada no lugar de Sabucedo, no concello lucense de Ourol, sufriu un afundimento froito do desprendemento dos cementos de terra e pedras sobre os que se asentaba a vía. Este derrube deixou ao borde do illamento a dúas familias da zona. Dado o risco e perigo que supón circular pola citada pista, o concello de Ourol adecuou unha pista de terra alternativa que serve como opción temporal e que permite e facilita o desprazamento dos veciños afectados. Porén, dende o Concello estase a traballar na procura de solucións que permitan adecuar a vía afundida e restablecer o tráfico rodado.

Mentes, no Concello de Mondoñedo, unha familia leva dende o mes de decembro semiaillada unha familia no lugar de Pausalido, parroquia de Argomoso, dado aos derrubamentos que cortan o acceso e que ameazan con empeorar, froito da inestabilidade que xera un noiro no citado vial. A Xunta de Galicia remitiu a principios de mes un informe coas actuacións que se deben acometer para solucionar a inestabilidade do talude.