Partido Popular de Lugo

Diego González Rifón preside a recén fusionada agrupación de NN.XX de Castro de Rei e Outeiro de Rei

Lugo, 9 de febreiro 2013.- Diego González asumiu hoxe a responsabilidade de presidir a agrupación político xuvenil de NN.XX recén fusionada de Castro de Rei e Outeiro de Rei.

O recén elexido presidente estará acompañado polo vicepresidente e secretario xeral, Óscar Bello e Begoña Valcárcel e Yago González como vogais.

A renovación da agrupación local de Novas Xeracións tivo lugar na casa da cultura do Concello de Outeiro de Rei, coa participación do presidente provincial, Daniel Vega, do vicesecretario territorial de NN.XX Diego Campo López, polo coordinador de NNXX na Terrá Chá, Fernando Carreiras e por demáis presidentes locais da comarca.

O presidente de NN.XX. da provincia de Lugo resaltou o papel de Novas Xeracións, como “coordinador e enlace” entre a xuventude e o partido e ofreceu a súa colaboración aos novos mozos que decidiron formar parte da agrupación local.

Concluíu o presidente provincial manifestando que, pouco a pouco, Novas Xeracións está chegando a un maior número de concellos, se están renovando as xuntas locais e se está a incrementar o número de mozos que deciden formar parte da agrupación política xuvenil pese ao momento de dificultade que se está a vivir.