Lugo 2-2-2013.- A Presidenta do Comité Organizador do XVI Congreso do PP de Lugo, Julia Rodríguez Barreira, anunciou esta mañá o eslogan que os populares lucences elexiron para o conclave provincial.
“O PP de Lugo escolleu ‘Sigamos avanzando’ como lema para o XVI Congreso que se celebrará o vindeiro día 2 de marzo en Burela e no que José Manuel Barreiro será reelexido presidente dos populares lucenses”, manifestou Rodríguez Barreira.
Julia Rodríguez explicou que o eslogan responde á necesidade de que nos vindeiros anos se continúe na mesma liña emprendida polos populares nos últimos anos.
“Nos últimos anos, os populares lucenses avanzamos moito, non só en resultados e victorias electorais, senón tamén medrando en número de simpatizantes e afiliados”, afirmou.
O Congreso terá lugar o vindeiro día 2 de marzo e nel José Manuel Barreiro será reelexido Presidente do PP de Lugo. Cóntase coa participación de preto de 800 compromisarios.