Partido Popular de Lugo

Mario Castro Díaz é elexido presidente de NNXX en Sarria

Sarria 27 de xaneiro de 2013.- Mario Castro será dende hoxe o novo presidente de NNXX de Sarria logo de ser elexido nun congreso celebrado esta tarde na vila.

“O obxectivo desta desta executiva será o servizo público encarnado na xuventude para o desenvolvemento do ocio, promover iniciativas e, en xeral, prestar o noso apoio e axuda en calquera sector que o precise”- manifestou.

A candidatura de Mario Castro foi a única presentada ao Congreso da formación xuvenil do PP de Sarria e resultou elexida por aclamación.

O Presidente Provincial de NNXX, Daniel Vega, destacou na súa intervención que o PP é o único partido que segue a incrementar o número de afiliados.

“Malia a situación de desapego político, a xuventude confía no PP, de xeito NNXX continúa a incrementar o seu número de membros na provincia lucense, estendéndose así a cada vez máis concellos”- afimou Vega.