Lugo, 23 de xaneiro de 2013.- A Presidenta da Comisión Organizadora do Congreso provincial, Julia Rodríguez Barreira, anunciou que mañá, día 24 de xaneiro, comezará a campaña electoral interna para o vindeiro congreso provincial que terá lugar o día 2 marzo e no que José Manuel Barreiro será reelixido Presidente do PP lucense.
“Levaranse a cabo xuntanzas por toda a provincia. A primeira reunión terá lugar mañá na cidade da muralla con membros de NNXX e afiliados de Lugo cidade e Lugo comarca e mozos e afiliados da Montaña”- manifestou Julia Rodríguez, quen lembrou que a de José Manuel Barreiro foi a única candidatura presentada a dirixir o partido popular lucense e que acadou máis de 300 apoios.
A seguintes xuntanzas da campaña electoral interna terán lugar nos seguinte días con afiliados: o vindeiro venres, día 25 na Terra Chá e A Mariña; o sábado, día 26, en Sarria e finalizarán o xoves, día 30 con sendas reunións en Chantada e Monforte.
Concluíu Julia Rodríguez que coa de mañá inícianse unha serie de reunións con membros do partido en cada comarca onde se darán a coñecer as propostas e ideas para o goberno interno da formación nos vindeiros anos