Partido Popular de Lugo

Barreiro presenta a súa candidatura e logra máis de trescentos apoios

Lugo, 22 de xaneiro de 2013.- Nunha xuntanza mantida esta mañá, o Comité Organizador do XVI Congreso Provincial proclamou oficialmente candidato á Presidencia do Partido Popular de Lugo a José Manuel Barreiro Fernández.

A Presidenta do Comité Organizador, Julia Rodríguez, manifestou que o prazo para que os aspirantes á Presidencia do PP de Lugo presentasen as súas candidaturas expiraba onte e o único que a presentou foi o actual presidente do partido, José Manuel Barreiro, que conseguiu máis de 300 apoios, superando “con creces” o mínimo esixido que era de 75 avais.

Rodríguez afirmou que a candidatura contou co respaldado de deputados autonómicos, nacionais e provinciais, senadores e do Delegado de Goberno en Galicia, entre outros.

Manifestou a Presidenta do Comité Organizador, que o líder dos populares lucenses manterá reunións con membros do partido en cada comarca para dar a coñecer as súas propostas e ideas para o goberno interno da formación nos vindeiros anos.

Deste xeito dánse os pasos previos de cara á celebración do congreso, que é unha manifestación da máxima expresión de democracia interna que pode haber no seo dun partido político, e tamén se está a traballar na concreción, nos vindeiros días, do seu calendario.

O PP de Lugo aspira a que o de marzo sexa un congreso sereno e centrado no debate sobre as ideas e non sobre as persoas, algo que non todos os partidos poden garantir.