Partido Popular de Lugo

Barreiro: «presento a miña candidatura para continuar traballando pola provincia e polos lucenses»

Lugo, 21 xaneiro de 2013- O actual presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou hoxe a súa candidatura para representarse como líder provincial desta formación para os vindeiros tres anos no congreso convocado o 2 de marzo en Burela.

Barreiro confirmou que tomou esta decisión tras consultar co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e cos compañeiros do partido en Lugo.

«A miña candidatura responde ao interese de seguir traballando dende un partido que é maioritario en Lugo para solventar os problemas que ten a provincia así como para que os cidadáns sigan encontrando no PP un instrumento no que se poidan apoiar e que lles resulte de utilidade»-manifestou.

O líder dos populares lucenses indicou que dende 2009 houbo un millar máis militantes na provincia de Lugo, unha cifra que supón un incremento próximo ao 10%, o que ao seu xuízo é unha mostra da fortaleza interna do propio partido.