Lugo,18 de xaneiro de 2012.- Membros de NNXX de Lugo entregaron esta maña, no Comedor lucense de San Froilán, os 500 quilos de alimentos recollidos na campaña Neste Nadal… implícate! 3.0.
Este é o terceiro Nadal durante o que os mozos da agrupación política vinculada ao Partido Popular na localidade organizan esta iniciativa solidaria dirixida a axudar aos máis desfavorecidos. O presidente local de NN.XX., Jacobo da Silva, agradeceu aos lucenses a súa implicación por poñer a dispor tódolos medios e pola súa gran dedicación.
Jacobo da Silva pedíu a implicación e o esforzo común para seguir axudando ás familias, e aos colectivos que se atopan nunha situación de precariedade e pobreza.
Lembrou Da Silva que na pasada anualidade recadáronse 350 quilos de distintos produtos, incrementándose este Nadal nun 30%, posto que os lucenses doaron 150 kilos máis, chegando a reunir 500 quilos de alimentos.
Na entrega dos alimentos participaron o Presidente Provincial de NNXX, Daniel Vega, así coma as edís municipais, Mari Teijeiro e Raquel Castiñeira.