Burela, a 17 de xaneiro de 2013.- O Partido Popular de Burela comezou a preparar o Congreso Provincial que terá lugar na localidade o sábado dous de marzo.
Nunha xuntanza cos membros do comité local burelés e presidida por José María González Barcia, constituíuse un comité organizador de ámbito local que terá como principal función colaborar co comité organizador provincial, deseñar material propio para o congreso, así como contactar co sector hosteleiro; ademáis, aportaranse voluntarios para labores informativas aos asistentes o mesmo día do congreso.
Segundo manifestou o Presidente local o Comité estará formado por cinco persoas baixo a coordinación de José Luis González Arnau e a supervisión do propio Presidente local.
A primeira reunión de traballo será xa a vindeira semana, de cara a manter contactos co sector hosteleiro a través de ACIA.
O PP solicitou autorización ó Concello de Burela para facer uso da Casa da Cultura para a celebración do congreso e realizou o pago das taxas correspondentes.