Burela, a 14 de xaneiro de 2013.- O presidente do Partido Popular de Burela, José María González Barcia, manifestou, esta mañá, que “a nosa agrupación local e eu mesmo estamos moi agradecidos e satisfeitos de que o Presidente Provincial do Partido, José Manuel Barreiro, propuxera Burela como sede do próximo congreso provincial” que se celebrará o vindeiro día dous de marzo na Casa da Cultura da localidade.
González Barcia manifestou que “este agradecemento faise extensivo ós meus compañeiros na Xunta Directiva Provincial, que reunida o pasado venres en Lugo, apoiou por unanimidade a proposta feita por Barreiro” e recoñeceu “o traballo previo feito con José Manuel Balseiro, Secretario Xeral dos populares da provincia”.
Para o presidente dos populares de Burela, “que o congreso provincial se faiga na Mariña e máis concretamente en Burela é recoñecer o traballo que se fai desde esta comarca en xeral, pero tamén desde Burela en particular”.
González Barcia manifestou que “a nosa agrupación local é unha das máis activas de toda a provincia, cun traballo permanente do Comité local, contacto habitual cos afiliados e simpatizantes, e tamén con contacto habitual coa propia sociedade a través de reunións por barrios”.
O presidente local lembrou que “o PP vén gañando en absolutamente todos os procesos electorais que se teñen celebrado desde 1991, e recuperou a alcaldía en catro anos gracias ó esforzo e aportación de todos, desde os nosos votantes hasta a dirección provincial e rexional do partido”.
De cara ó Congreso provincial, González Barcia manifestou que “a súa celebración en Burela é un novo acicate para continuar traballando, sumando persoas, ideas e esforzos ó noso proxecto de partido e anunciou que o vindeiro mércores, día dezaseis, ás seis e media da tarde, na sede do partido, o comité local manterá unha xuntanza para tratar, de forma monográfica, a celebración do congreso provincial do PP lucense na localidade burelesa.