Partido Popular de Lugo

A monfortina Julia Rodríguez presidirá a Comisión Organizadora do Congreso Provincial do PP de Lugo

Lugo, 12 de xaneiro de 2013.- A monfortina Julia Rodríguez presidirá a Comisión Organizadora do XVI Congreso Provincial do Partido Popular de Lugo, que tal e como anunciaron onte os populares, celebrarase o 2 de marzo na localidade mariñá de Burela.

Durante a Xunta Directiva Provincial celebrada onte consensuáronse os membros responsables da organización do conclave, que por primeira vez na historia, a cita terá lugar fóra da capital lucense.

Julia Rodríguez, que presidirá a COC, é portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte e deputada autonómica nesta lexislatura. A popular foi senadora no primeiro ano de mandato do Goberno Popular de Mariano Rajoy.

O vicepresidente da Comisión Organizadora será o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez; e o secretario, o xerente do PP Provincial, Manuel Julio Platero, Así, o equipo organizador completarase con tres vogais que recaen no presidente no PP de Ribadeo, Jesús López Penabad; na secretaria do Partido Popular en Lugo e concelleira na capital provincial, Lourdes Yáñez García; e na tenente de alcalde de Begonte, Luís Luaña Castelo.

Un partido máis forte

O Partido Popular de Lugo chega a este conclave reforzado internamente e coa consolidación do apoio dunha maioría social como así demostra o estudo de datos obxectivos, dado o incremento de apoio electoral en número de afiliados; así como o impulso de novas estruturas de participación e coordinación interna.

Un dato exemplificador é o incremento do número de afiliados. Desde o 2009 entorno a un millar de lucenses incorporáronse ao Partido Popular de Lugo, o que supón un incremento próximo ao 10% na afiliación total, sumando máis de 12.000 no total da provincia. Así mesmo e en termos electorais, os últimos tres anos deron tamén como resultado un apoio crecente, ata o punto de que nas autonómicas o PP de Lugo chegouse a converter nun referente.