Ribadeo, 10 de xaneiro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol dixo hoxe que a pesar de que é pública e notoria a afección do alcalde nacionalista de Ribadeo por andar “tras a pancarta” agora o que corresponde facer por responsabilidade coas seus veciños é “sentarse nos despachos e negociar”. Nesta liña emprazou ao rexedor a que abandone dunha vez o radicalismo e a confrontación permanente e acepte a man tendida ofrecida pola Xunta.
SEMPRE MOLESTO, SEMPRE CRISPADO
Balseiro asegura que a sociedade asiste con perplexidade a actitude crispada dun alcalde ao que todo lle senta mal. Para Suárez Barcia primeiro era un problema que a conselleira de Traballo e Benestar non recibira á plataforma. E agora tamén lle parece un problema o contrario, isto é, que Beatriz Mato si os reciba. Como mínimo terá que empezar por aclararse- asegurou.
Balseiro explica que a intervención do Partido Popular neste asunto tivo por obxecto responder á necesidade de resolver unha situación que se estaba enquistando. O dirixente popular dixo que os veciños están a pedir ao políticos que resolvamos problemas e non que unha e outra vez esteamos enfrontándonos. O que buscamos o pasado luns e resolver un problema motivado pola actitude permanentemente belixerante do alcalde, incapaz de negociar e chegar a ningún acordo.
XESTIONAR E ESTABLECER PRIORIDADES
O secretario xeral dos populares lucenses di que o PP ten o máximo respecto pola plataforma pro-residencia de Ribadeo pero que nin comprende, nin acepta, nin considera correcta a actitude do alcalde e do BNG en todo este asunto. De feito sinala que si de verdade a construción da residencia fora unha prioridade do equipo de goberno municipal podería ter priorizado o investimento nesta infraestrutura de benestar en vez de destinar preto de tres millóns de euros á construción dun pavillón deportivo, que non digo que non fora necesario pero si que é un servizo estaba cuberto, dado que o concello ten distintas instalacións deportivas deste tipo.
MAL XESTOR: PERDA DO OBRADOIRO
Por outra banda Balseiro asegurou que desde o PP non poden aceptar ningún tipo de leccións sobre boa xestión que veñan do alcalde de Ribadeo e nesa liña lembroulle ao alcalde que que pola súa culpa, incompetencia e falta de interese perdeuse o obradoiro de emprego. “Non pode dar exemplo de boa xestión quen castigou ás persoas, aos seus veciños que máis apoio necesitan neste momento, os desempregados”.
O secretario xeral dos populares lucenses dixo de Suárez Barcia tiña unha oportunidade na reunión de mañá para que a conselleira lle confirmara os motivos que levaron a perder este obradoiro. Ainda que probablemente non o fará para non escoitar o que xa sabe, que presentou a documentación fora de prazo, evitando poñerse así en evidencia e colorado diante de toda a plataforma