Partido Popular de Lugo

Elena Candia: “O GPP convertiuse no vínculo clave entre concellos e unha Deputación marcada por un carácter partidista»

Lugo 27 de decembro de 2012.- Acompañada polo Presidente Provincial, José Manuel Barreiro e Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro,  a voceira do PP na Deputación de Lugo fixo esta mañá un balance anual das actividades levadas a cabo polo grupo provincial popular.

Partimos da premisa que para o bo funcionamento do sistema democrático é necesario tanto o goberno como a oposición” recalcou Candia, quen asegurou que durante esta anualidade o Grupo Provincial Popular intentou cumprir co seu cometido de ser oposición.

Manifestou Elena Candia que o traballo dos populares no Organismo Provincial centrouse en presentar alternativas á acción do goberno, ser contacto e transmisores das necesidades do goberno local e nunha actitude activa que permitiu fiscalizar, criticar e limitar a acción do goberno.

“O noso principal acometido ao longo do 2012 foi ser a voz dos concellos na Deputación Provincial de Lugo. Ser o contacto e a vía de comunicación ante un goberno marcado polo sectarismo político e dirixido por un Presidente no que a Deputación deixou de ser a súa prioridade” manifestou Elena Candia, quen afirmou que Gómez Besteiro ten outros obxectivos máis ambiciosos que o levan a esquecer a súa función de Presidente e gobernar só para un poucos, polo que ante este panorama, o Grupo Provincial Popular converteuse no único intermediario entre os alcaldes, os portavoces e o Ente Provincial.

Lembrou a popular, que coa finalidade de garantir cos principais obxectivos (presentación de alternativas e ser o contacto dos alcaldes co goberno provincial) dende o Grupo Provincial Popular rexistrouse o ‘cupo’ máximo de mocións e preguntas plenarias permitidas.

“Tanto é así que no que vai de anualidade rexistráronse 47 iniciativas entre mocións, preguntas e rogos. Se desglosamos os datos, falamos de 22 mocións,  22 preguntas rexistradas e 3 rogos”,- asegurou Candia, quen recalcou que preto do 60% das mocións rexistradas foron de carácter localista, dando traslado así ao pleno provincial das demandas dos rexedores locais e que do total de mocións, o Grupo Provincial Popular logrou sacar adiante por unanimidade un total de 7 mocións.

Concluíu Elena Candia manifestando que no 2013, os populares intensificarán o control no gasto público (falta de transparencia nos 10 millóns de euros sin concretar), acudirán, si é necesario, a medidas de presión e continuarán na liña empregada de representar aos alcaldes.