Lugo, 10 de decembro de 2012.- O presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, asegura que están a comezarse a ver puntos positivos como consecuencia das medidas que está tomando o Goberno Central de Mariano Rajoy o que amosa, segundo Vega, que “hai que seguir traballando nesa dirección co único obxectivo de crear emprego”.
O mozo popular fai estas declaracións en relación ao feito de que no último mes de novembro “1.014 mozos encontraron traballo en España”, o que contrasta co mesmo mes de 2011, cando o número de mozos desempregados crecera en 9.455 persoas.
Vega destaca que se ben o dato xeneral de paro “non é bo e é un drama para centos de familias”, estes resultados “animan a seguir a traballar neste senso”. O dirixente popular reincide no esforzo que está facendo o executivo e toda a sociedade para que “España cumpra cos seus compromisos de déficit, volva a confianza e, a partir de aí, volva ao crecemento e a creación de emprego”.
Dado isto, Vega traslada unha mensaxe de apoio e confianza a todos os mozos que buscan emprego e anímaos a seguir loitando e a gardar a esperanza. Así, explica que os contratos indefinidos ganan peso respecto a novembro de 2011, e comezan tamén a ser representativos os contratos a emprendedores.