Lugo, 3 de decembro de 2012-. A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia criticou, esta mañá, en rolda de prensa, os Orzamentos Provinciais da Deputación de Lugo para o vindeiro ano 2013.
Elena Candia lembrou que na pasada sesión plenaria os populares negáronse a aprobar os orzamentos presentados polo Ente Provincial por carecer dun carácter retroactivo e por non garantir emprego, benestar social, fixar poboación e cooperar cos Concellos.
“Os orzamentos son o instrumento a través dos cales unha administración actúa sobre o tecido económico e social da provincia, cun único obxectivo: tratar de mellorar as condicións de vida dos lucenses”- afirmou Candia quen engadíu que as contas do Señor Besteiro non garanten que a Deputación cumpra coas súas competencias.
Afirmou a popular que nun momento de dificultades económicas como o que está a atravesar o país é inaceptable que o Señor Besteiro, destine diñeiro para proxectar a súa imaxe e, sin embargo, non reoriente fondos para incrementar a partida do Plan de Obras e Infraestructuras cos Concellos nin modifique o Plan de Cooperación con Entidades Veciñais, un plan totalmente sectorial e politizado.
“Podemos comprobar como o Señor Besteiro continúa destinando diñeiro para proxectar a súa imaxe; proba disto está no 1.036.400,00€ destinado a propaganda; cuantía que incrementa ademáis, nun 35,12% con respecto ao 2012; tampouco se pode consentir que destine 190.000.000€ a atencións protocolarias e representantivas, cuantía que tamén incrementa, con respecto ao ano pasado, nun 4.11%” – manifestou Elena Candia, quen criticiou tamén duramente o 1.565.455,00€ destinados a súa axencia de comunicación privada.
Elena Candia criticou que nos capítulos seis e sete, no tocante ao concepto de investimentos reais, o Equipo de Goberno rebaixe na cantidade que se consigne xa que no 2012 a cuantía económica foi de 24.079.569,56€ mentras que para o 2013, a partida é de 19.404.741, 99€
“Prodúcese unha reducción de 50.000€ en investimentos reais. Con respecto á anualidade anterior, o Señor Besteiro reduce en infraestructuras e bens destinados ao uso xeral (325.000€ – 275.000€) o que supón, un 15.38% menos con respecto ao ano pasado; con respecto a investimentos de carácter inmaterial prodúcese un descenso de 4.950.527,58€ (12.780.000,00€-7.829.472,42€), un 38.73% con respecto ao ano pasado”.
A Voceira dos populares na Deputación de Lugo criticou o incremento en productividade, a ausencia de concreción nas partidas e nas bases de fomento de emprego
“O Equipo de Goberno destina 1.279.103,44% a productividade, o que supón un incremento dun 23.69% con respecto a anualidade anterior e no tocante a concreción nas partidas, están 10,47 millóns de euros sen concretar e asemade hai unha ausencia de concreción nas bases de fomento”-conclúe.