Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo inicia en Monforte as reunións que o levarán a analizar os resultados das Eleccións Autonómicas nas diferentes comarcas

Monforte 30 de novembro de 2012.- Presidente e Secretario Xeral do PP de Lugo viaxaron hoxe a cidade do Cabe para manter unha xuntanza con edís, voceiros, alcaldes e deputados da Comarca do Lemos.

Nun encontro, no que obviamente, tamén estiveron presentes, o Presidente do PP en Monforte, Dámaso López e a Voceira dos populares neste concello e Senadora, Julia Rodríguez, os populares analizaron, con detenemento, os resultados obtidos nas eleccións autonómicas, e fixeron balance.

Manifestaron Barreiro e Balseiro que nas Eleccións Muncipais, o Partido Popular gañou nos nove concellos da Comarca do Lemos (Folgoso do Caurel, Quiroga, Ribas de Sil, Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte, Pantón, Saviñao e Sober). Afimaron os populares que en seis destes concellos,  o partido conseguíu máis do 50% dos votos e nos tres restantes, que son, Ribas de Sil, Monforte e Pobra do Brollón, máis do 40%; 47%, 43.74% e 41.37%, respectivamente.

“Obtivemos máis do dobre de votos que a segunda forza política da zona. Estes resultados, traducidos a unhas eleccións municipais, significarían unha maioría absoluta en oito dos nove Concellos e no que atinxe a Deputación, acadaríamos os dous deputados”-manifestaron.

José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, mostraron a súa satisfacción polos resultados obtidos na zona sur da provincia pero malia a iso aseguraron que, “non podemos deternos e temos que continuar traballando para intentar solventar os problemas dos lucenses”.

Afirmaron o número un e dous dos populares lucenses que estes resultados non son casualidade, senón que son froito do traballo que o partido ven desenvolvendo dende sempre.

“A diferenza doutros partidos, non nos poñemos a traballar só en épocas pre-electorais senón que percorremos ao longo de todo o ano, de norte a sur e de este a oeste a provincia, preocupándonos polos problemas dos cidadáns e escoitando as súas demandas”- manifestaron.

Coa reunión de hoxe iniciase unha senda de encontros que terán lugar polas diferentes comarcas da provincia lucense para analizar e facer balance dos históricos e excelentes resultados obtidos nas Eleccións Autonómicas. Unha liña de traballo, á vez, emprendida polos populares, de creación de estructuras internas e xeración de ideas, algo fundamental para o fortalecemento do partido.