Partido Popular de Lugo

Barreiro expresou o seu desexo de que a Constitución continúe a ser o marco de referencia para afrontar os retos de España

Monforte 30 de novembro de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo acudeu esta mañá ao colexio monfortino Torre de Lemos para levar a cabo unha conferencia sobre a Constitución Española.

Nunha abarrotada sala, cuxos participantes foron os alumnos de quinto, sexto, primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, José Manuel Barreiro explicou que o vindeiro xoves, día 6 de decembro, fai 34 anos o pobo español achegouse as urnas para dar o seu referendo ao proxecto de Constitución aprobado polas Cortes Xerais elexidas democráticamente en xuño de 1977.

Citou Barreiro, o artículo 1 do ordenamento constitucional onde se sinala que España constitúese nun Estado Social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a libertade, xustiza, igualdade e pluralismo político e expresou o seu desexo de que a Constitución siga sendo o marco de referencia para superar as metas de España.

“A Constitución Española de 1978 foi o principio da nosa convivencia democrática, das libertades e dos dereitos dos ciudadáns”- explicou o popular, quen engadíu que a Carta Magna debe seguir sendo o camiño do progreso, do benestar e da mellora do noso país.

Concluíu o Voceiro do GPP no Senado e Presidente Provincial explicando que sendo a Constitución española de 1978 a norma suprema do ordenamento xurídico do Reino de España, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns españois, ten que continuar sendo o marco de referencia para afrontar os retos “que temos como país, os desafíos que temos como sociedade, a mellora da nosa economía e tamén a mellora da nosa convivencia democrática”.