Lugo a 25 de novembro de 2012.- A Presidenta da Comisión Provincial de Muller, Mari Teijeiro, fixo balance da proposta realizada pola mesma para a conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra da violencia de xénero, na que se pedía a colaboración de tódas-las institucións públicas para tinguir de violeta o conxunto da provincia de Lugo en mostra simbólica da súa unión en contra da violencia de xénero.
Mari Teijeiro mostrouse moi satisfeita pola boa acollida que tivo esta iniciativa e asegurou que as espectativas de colaboración e unión cumplíronse nun 99% xa que prácticamente tódas-las insititucións públicas lucenses puxéronse en contacto por diferentes vías (mail, teléfono…) para comunicar a súa colaboración na iniciativa, e malia que algún concello non comunicou adherirse a esta iniciativa sabemos que si permaneceu colgado o lazo na fachada da casa consistorial.
Asemade, Teijeiro, agradeceu a boa disposición e colaboración de prácticamente tódos-los concellos da provincia sinalando que é basico que en loitas coma esta, as administracións e os poderes públicos xoguemos todos no mesmo equipo para gañar a partida e argumentou que queda constatado que na provincia de Lugo a violencia de xénero atoparase cunha fronte unida que non entende de ideoloxías políticas nin partidistas o cal e fundamental nos tempos que corren.
A Presidenta da Comisión Provincial da Muller afirmou que o 25 de novembro é un día que temos que ter moi presente o longo de todo o ano e fixo unha puntualización sinalando que a morte é o último dos grandes sufrimentos dunha muller maltratada.
Concluíu Mari Teijeiro sinalando que é fundamental traballar a concienciación e a sensibilización da sociedade en xeral para evitar que haxa fogares onde se agochen bágoas, se calen berros ou se maquillen golpes, e que ante unha sinal de violencia hacia unha muller ninguén pode quedar impasible polo que é preciso que levantemos a voz para espantala.