Partido Popular de Lugo

A XUNTA AVANZA NA MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DO HOSPITAL DA COSTA COA ACHEGA DE PRETO DE 200.000 EUROS PARA A COMPRA DOS NOVOS EQUIPOS DE ANESTESIA

Santiago de Compostela, 22 de novembro.- O deputado do PPdeG Jose Manuel Balseiro explicou hoxe que a Xunta de Galicia avanza na tarefa de modernización tecnolóxica do Hospital da Costa tras confirmarse a achega dun investimento de preto de 200.000 euros para a compara de novos equipos de anestesia.

O parlamentario explica que hoxe mesmo deuse un paso máis nesta tarefa logo de que o SERGAS veña de formalizar o contrato coa empresa Dräger Medical Hispania que será a encargada de proporcionar as novas estacións integrais de anestesia para todos os quirófanos do hospital, isto é os novos respiradores e monitores.

A Xunta inviste no Hospital da Costa para dotalo dunha nova tecnoloxía, que segundo explico é moito máis avanzada que a que existe na actualidade e que servirá para mellorar e modernizar todo o servizo encargado de administrar gases medicinais e anestésicos ao paciente, tanto nos casos nos que precisen ventilación espontánea como controlada.

NOVOS ECÓGRAFOS

Balseiro salienta que desde a chegada á responsabilidade do Goberno do Partido Popular fíxose un notable esforzo para modernizar o hospital. Nese sentido destaca tamén as adquisicións xa efectuada de novos ecógrafos (cardioloxía, xinecoloxía, radioloxía) –cun investimento próximo aos 160.000 de euros- ou a previsión xa firme de novas compras, neste caso un ecógrafo para cirurxía e un ecocardio de gama media para dotar de alta resolución ao servizo de cardioloxía. Xunto a iso o deputado tamén destacou a posta en marcha das redes de detección temperá do cancro, incluído a unidade especial para a atención do cancro de mama.

O deputado indica que como consecuencia da falta de investimento na lexislatura do bipartito o PP recibiu un hospital obsoleto tecnoloxicamente, situación que está a corrixirse grazas ao compromiso do Goberno actual, o intenso traballo do seu equipo directivo e a implicación dos profesionais sanitarios do centro.