Partido Popular de Lugo

O Equipo de Besteiro búrlase dos riotortenses ao paralizar unha vez máis as obras da mellora da estrada Riotorto- Marco de Alvare

Riotorto 6 de novembro de 2012.- A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia e dirixentes do PP de Riotorto tachan de “auténtica tomadura de pelo” as actuacións por parte da Deputación de Lugo logo de paralizar as obras da estrada Riotorto-Marco de Alvare.

Elena Candia, Clemente Iglesias e Manuel Rivas visitaron a estrada e comprobaron in situ, como efectivamente, o Organismo Provincial volveu a paralizar as obras. Os populares afirmaron que as casualidades non existen, e menos en política, polo que non é casualidade que as obras se iniciasen antes dun proceso electoral para enganar aos veciños, facéndolles ver que existe boa xestión e que se desenvolven obras, pero unha vez pasados os comicios electorais, paralizánse unha e outra vez.

Os dirixentes populares lembraron que no mes de Setembro, o señor Manuel Martínez, acompañado de integrantes do goberno municipal, proxectaba a súa imaxe nos medios de comunicación, afirmando a bombo e platillo que “a Deputación reanudaba a mellora da estrada Riotorto-Marco de Alvare”.

“Pedimos explicacións inmediatas, tanto a Deputación como ao Goberno municipal, para que den conta desta nova paralización e deixen dunha vez por todas de mentir e de enganar aos veciños”- manifestaron os populares.

Insisten os populares en que os veciños de Riotorto non queren palabrería nin fotos, queren que dunha vez por todas se arranxe este vial para poder disfrutar cando antes desta infraestructura tan necesaria para toda a poboación.

Candia, Iglesias e Rivas lembran ademáis, que durante este último mes a empresa concesionaria procedeu a tirar diversas edificacións afectadas pola expropiación, incluso algunhas forxas que eran utilizadas polos ferreiros para realizar o seu traballo diario.

“Agora os propietarios están molestos xa que quedaron sin poder utilizar as edificacións e están vendo que ao día seguinte das eleccións a empresa procedeu á retirada das maquinas e fai xa 15 días que na estrada non hai actividade”

Concluíron os populares instando a Deputación e a o goberno municipal  a que se poñan a traballar sen enganar aos riotortenses e insisten en que estes non queren fotos nin palabrería, senón unha boa xestión e infraestructuras en boas condicións para o seu servizo.