Ribadeo, 6 de novembro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou esta mañá a perigosidade e o mal estado de varias estradas ribairenses.
«É moi curioso que o Señor Fernando Suárez promocione a bombo e platillo os entornos ribairenses, coloncando ademáis sinalizacións que indican os itinerarios das rutas que conducen ata as praias, cando esa ruta que guía ata os areais, presenta un alto risco de perigosidade para os conductores e viandantes”- manifiesta.
Comezou o popular facendo fincapé na estrada da Praia Porto, en Meirengos, A Devesa; unha calzada de titularidade municipal que leva tres anos nunha situación de alto risco para os conductores e viandantes e que os populares están cansos de denunciar e de alertar do perigo que supón.
“Fai tres anos un temporal de fortes mareas fixo que o mar levase consigo parte da estrada e deixase varias fendas que pouco a pouco van abrindo e fan que cada día o perigo o aumente. Do tempo ninguén é dono, pero da estrada sí, e este vial é de titularidade municipal, polo que o Señor Fernando Suárez ten que arranxar, de maneira inmediata, esta calzada”- manifesta López Penabad, quen engade que o rexedor ribairense xa tivo tempo para por solución a isto e lembra que cando se producíu unha situación semellante estando o PP no goberno, instaláronse rápidamente vallas e tubos para suplementar a estrada.
O popular insiste no perigo de derrumbamento da estrada e reta ao rexedor a que arranxe inmediatamente a vía, instalando uns tubos do lado da cuneta para deixar ancho no tramo, parche os baches e coloque unha valla ao carón do desprendemento e non agarde a que se produzca algunha traxedia para logo buscar solucións.
Continúou Jesús López Penabad facendo referencia á estrada de Villaframil, a altura de Púdia.
“Non sabemos se o Señor Fernando Suárez ten algún convenio con algún taller de neumáticos porque é moi probable que a demanda nestes lugares sexa bastante alta debido a situación na que se atopan as estradas”- manifesta López Penabad, quen califica de auténtica tomadura de pelo a xestión do rexedor.
Lembra o popular que fai uns días os veciños de Rinlo, protestaron pola situación de estas estradas, reivindicación a que se une o Partido Popular.
Concluíu Jesús López Penabad, facendo mención da curva da cetárea, ubicada un pouco máis adiante dos baches mencionados anteriormente. Neste lugar, atópase un inmenso e perigoso buraco
“Neste ollo, que entra o mar, atopamos unha gran cantidade de lixo. Non está protexido e son moitos os turistas que percorren esta zona descoñecendo a presenza deste buraco; calquer día temos unha desgracia”- manfiesta o popular.
Pensando nos veciños e tendo en conta os moitos turistas que visitan Ribadeo, Jesús López Penabad non entende a pasividade do rexedor de Ribadeo, quen ademáis de dar unha pésima imaxe está poñendo en perigo.