Partido Popular de Lugo

O PP de Monterroso insta ao Goberno Municipal a que poña en funcionamento, inmediatamente, o Plan de Urxencia das 25 familias sen recursos

Monterroso, 5 de novembro de 2012.- A Voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, insta ao rexedor monterrosino a que poña en funcionamento, de maneira inmediata, o Plan de Urxencia das 25 familias sen recursos e solicita o acceso aos criterios empregados para determinar e outorgar a axuda.

“Estamos a falar dun Plan de Urxencia, que ten que ser posto en marcha de maneira inmediata polo que non entendemos como o Señor Alcalde pretende atrasar esta axuda ata o Orzamento do 2013; facer isto supón unha auténtica contradicción”- manifesta Pilar Varela, quen engade, que o lóxico é, que se lle conceda axuda a estas familias, con urxencia, a través de múltiples recursos disponibles, posto que as circunstancias así o requiren.

A Voceira dos populares afirma que existen, por parte do Goberno Autonómico, unha serie de recursos disponibles, como á tramitación dunha renda de integración social ou aplicación de axudas de urxencia por parte dos servizos sociais, pero desta maneira todo apunta  a que o Señor Gato o que pretende é facer política populista e sensacionalista con persoas que o están pasando mal en lugar de axudarlles de inmediato.

PLENO MUNICIPAL

En relación aos asuntos do pleno de hoxe, os populares apoiaron a actualización das taxas municipais pero só as que non superan o límite do IPC.

Concluíu a Voceira do PP, Pilar Varela, afirmando que o seu grupo bota de menos a falta de alternativas do goberno municipal por non introducir bonificacións sociais a familias numerosas, con menos recursos, e criticou ao rexedor por facer demagoxia, evadirse e pretender culpar a Xunta en temas como a financiación dun servicio tan importante coma o de axuda a domicilio cando é a Diputación a que non cumpre coa súa parte (axuda a domicilio a personas non dependentes).