Partido Popular de Lugo

O PP solicita unha Xunta Xeral Extraordinaria de SUPLUSA para a readmisión de dous traballadores

Lugo, 31 de outubro de 2012.-  A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, informou esta mañá, en rolda de prensa, que o Grupo Provincial Popular, coa sinatura de tódolos seus Deputados provinciais, ven de rexistrar unha convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria de Suplusa para solicitar a readmisión de dous traballadores que foron despedidos por este organismo fai máis dun ano e a desestimación da acción no recurso de súplica.

A Voceira dos populares na Deputación de Lugo manfiestou que agarda contar co apoio do BNG, quen en outubro do 2011, cando o GPP levou a pleno unha moción pedindo a readmisión destes traballadores xa a apoiou e tendo en conta, que consta, que o sindicato CIGA está asesorando e axudando a ámbolos traballadores todo apunta a que as expectativas serán boas.

Candia criticou a incoherencia e desfachatez da actitude do Señor Besteiro e dos seus compañeiros, quenes alardean da defensa dos dereitos dos traballadores e logo cando lles toca aplicalos dan exemplo cero.

Lembra a popular que existe unha setenza que avala a petición dos traballadores e os argumentos dados polo partido popular xa fai un ano pero o Señor Besteiro cando se lle pregunta por este tema fai caso omiso, proba delo víuse onte na sesión plenaria.

“Preguntamos na sesión plenaria de onte, ao Sr. Besteiro (lembrando que na súa persoa conflúen os dous cargos: Presidente da Deputación Provincial de Lugo e Presidente de SUPLUSA), se ten previsto instar a este Organismo, a que unha vez que foi analizado por un tribunal e hai sentencia, que da a razón os traballadores, ainda que non é firme, opte por readmitir e desestime na continuidade do litigio”- manifestou Candia quen afirmou que o Señor Besteiro non se posicionou, lembrou a falta de firmeza da resolución xudicial e escudouse derivándose nos órganos de SUPLUSA.

Elena Candia afirma que cos postos de traballo no se xoga e manifesta que optar pola indemnización non deixa de ser un malgasto de diñeiro público, dado que estes postos de traballo son necesarios, o despido é improcedente e estase a gastar cartos de tódolos lucenses, polo que todo apunta a que esta situación débese a un capricho do Señor Gómez Besteiro.

ANTECEDENTES

Elena Candia lembrou que ámbolos dous traballadores viñan prestando servizos a SUPLUSA dende o ano 2006, cunha categoría profesional de xardiñeiros, e é a partires de abril do 2009 cando detectan irregularidades no seu salario, que reclaman por vía xudicial, tendo, no 2010, unha sentenza favorable.

Manifestou Candia que despois de facerse pública esta sentenza, o Organismo dependente da Deputación lucense, despedíu a estes dous traballadores, enviando o comunicado de despido o mesmo día da notificación da sentenza.

Asegura Candia que, a continuación, os traballadores defenderon a súa profesionalidade no cargo e afirmaron que estas manifestacións eran falaces e o despido, improcedente. En agosto do 2011 presentaron a demanda de despido, solicitando nulidade ou subsidiaria improcedencia do despedimento. En outubro de 2011, o Partido Popular presentou unha moción para a readmisión dos dous traballadores, contando co voto a favor dos nacionalistas.