Partido Popular de Lugo

A deixadez e a falta de xestión do Señor Fernando Suárez pon en perigo a vida de calquer cidadán que acuda ao parque do mineral

Ribadeo, 31 de outubro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou hoxe o mal estado no que se atopa o parque do mineral ubicado neste concello mariñán.

O popular alertou da perigosidade que supón a situación deste lugar de ocio para calquer cidadán que alí se achegue, posto que carece de vallas de seguridade e as únicas que hai é coma se non existisen xa que están tiradas

“Un dos accesos estaba valado con pivotes de madeira que agora están tirados no chan, un segundo acceso carece de valado e no terceiro acceso atopámonos cuns bancos ao carón da vía”.

Critica o popular a falta de xestión e a pasividade por parte do Señor Fernando Suárez, quen, malia a ser o responsable do estado do parque, fai caso omiso e non ten en conta que esta situación pode desembocar nunha desgracia.

“Calquera persoa que acuda ao parque pode caer por aquel desnivel posto que non conta cun sistema de seguridade. O problema pode ser maior no caso dos nenos ou anciáns; no caso dos cativos, un só despiste por parte dos proxenitores pode dar lugar a  un gran susto ou traxedia, e no caso dos máis maiores, idem do mesmo”- manifesta López Penabad.

Conclúe o popular instando ao rexedor ribadeirense a que actúe, valle como é debido o parque do natural e non agarde a que pase unha desgracia xa que de aquelas de nada vai servir lamentarse.