Partido Popular de Lugo

O PPdeLugo lembra a Besteiro que desde que el é o secretario xeral levou ao PSOE a un dos peores resultados da súa historia na provincia

Lugo, 29 de outubro de 2012.- Jose Manuel Balseiro Orol en nome do PPdeLugo quixo lembrar a Jose Ramón Gómez Besteiro que desde que este último vén de asumir a secretaría xeral do PSOE lucense os socialistas teñen acadado un dos peores resultados da súa historia na provincia, xa que perderon máis de 32.000 mil votos, isto é, un 43% dos votos que obtiveron en 2009.

Os populares pídenlle a Gómez Besteiro que, en consecuencia, se absteña de facer valoracións ou de pretender das leccións aos demais e empece a analizar e facer algo de autocrítica das razóns polas que, baixo o seu mandato na secretaría xeral do partido socialista, leva ao seu partido á debacle electoral.

Cos datos oficiais na man, o PSOE, obtivo só un 22,59 dos sufraxios polo que o equipo que dirixe Gómez Besteiro leva aos socialistas ao seu solo electoral máis baixo dos últimos anos. Habería que retrotraerse ata 2001 -fai xa 11 anos- para observar un resultado negativo similar no socialismo lucense. Daquela o PSOE obtivo un peor resultado en porcentaxe (un 20,1%) pero incluso naquel momento obtiveron algún voto máis que na actualidade, onde a duras penas superan os 42.700.

Os populares pola contra, obtiveron a vitoria en 65 dos 67 concellos da provincia, crecendo en porcentaxe de voto máis de 3,6 puntos e gañando en todas as cidades da provincia, incluído aquelas nas que hoxe non están gobernando como Lugo capital, Monforte, Viveiro ou Ribadeo.

A PROVINCIA CON MAIOR DIFERENZA PP-PSOE

En cambio, a candidatura promovida e avalida por Besteiro en Lugo fixo da nosa provincia a segunda onde o PSOE perde máis votos -só detrás da Coruña- deixándose polo camiño máis de 32.221 sufraxios e a provincia galega onde máis diferenza en porcentaxe de votos separa ao PSOE do PP, case 29 puntos.

BESTEIRO: O PEOR RESULTADO ELECTORAL DO SOCIALISMO GALEGO

Finalmente os populares consideran moi cuestionable que agora que se esta a falar do futuro do PSOE poida considerarse un candidato factible para a secretaria xeral galega a un señor, Jose Ramón Gómez Besteiro, xa que ten no seu mérito o de obter o peor resultado electoral de todo o socialismo galego comparándoo co PP que nesta provincia superou o 51% dos votos