O candidato número tres ao Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, elexíu a comarca de A Mariña para por punto e final á campaña electoral.
Acompañado polo candidato Vidal Martínez Sierra, o coordinador da intensa e exitosa campaña electoral lucense, participou en tres mítines na Mariña: O Vicedo, Xove e Cervo. Nestes tres concellos mariñáns, Balseiro instou a mobilización
“O vindeiro domingo, os galegos temos dúas opcións: votar á garantía de futuro, a un candidato que é a solución para superar a crise e iniciar a senda do crecemento ou votar a unha oposición marcada polas pelexas internas dos socialistas, as escisións nacionalistas e a exclusión”- manifestou.
Balseiro e Vidal Martínez Sierra manifestaron que Galicia non pode dividirse en opcións xa que non é ningunha moeda de cambio para socialistas e nacionalistas, senón un país libre, polo que pediron o voto para Alberto Núñez Feijóo, xa que para él, por riba de tódolos votos está Galicia.
Concluíron os populares asegurando que a única garantía de futuro para Galicia é o PP e que é Alberto Núñez Feijóo quen preside o Goberno Solvente que paga as súas facturas e gracias a súa xestión, Galicia, atópase á cabeza de España e non tivo que recurrir ao Fondo de Liquidez Autonómica.