Partido Popular de Lugo

Balseiro e Vidal destacaron a boa xestión de Núñez Feijóo e pediron o voto para o candidato que garante o futuro

Os candidatos José Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra interviron esta tarde nun mitin en Barreiros.

Nun abarrotado salón do Restaurante Asador, Balseiro comezou o acto facendo balance da lexislatura neste concello.

“O Goberno de Feijóo non deu as costas a Barreiros. A través do IGAPE, destinou 790.338€ de axudas directas e 314.496€ de préstamos incentivados”- manifestou.

O números tres e nove  da candidatura tamén fixeron fincapé no tocante ao emprego. Manifestou Balseiro e Vidal que no tocante a emprego en Barreiros, o Goberno de Núñez Feijóo destinou 77.400€ para acción formativas e para plans de cooperación o executivo galego investiu 606.200€, gracias ao cal se poideron contratar a 107 persoas.

Lembraron os populares que o goberno bipartito perxudicou ao Concello de Barreiros en materia de urbanismo provocando un efecto negativo a nivel emprego e paralización urbanística.

Concluíu o PP destacando a boa xestión de Núñez FEijóo e pedindo o voto para o único líder que garante o futuro.