Partido Popular de Lugo

“Uns traballamos en positivo pactando cos galegos, outros traballan en negativo pactando entre eles”

Mondoñedo puxo o punto e final na maratoniana xornada de mítines dos populares na Mariña. A Presidenta do PP local e Voceira dos populares, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor foron os encargados de intervir nunha casa da xuventude abarrotada de asistentes.

 

Resaltaron os populares a xestión de Alberto Núñez Feijóo, quen na mitade dunha crise económica sin precedentes foi quen de controlar as contas públicas, blindar o gasto social e manter un diferencial de paro por debaixo da media estatal.

Na casa da xuventude, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Ana Pastor afirmaron que se no ano 2009 os galegos non quixeron un bipartito polo seu mal funcionamento, non poden querer agora un pentapartito.

“Fronte á opción do PP, temos un pentapartito, un conxunto de correntes políticas con ideoloxías distintas e que agora se unen cun único obxectivo: traballar, a base de enganos e manipulacións, contra o Partido Popular”- manifestaron.

Alertaron os populares do perigoso que sería un goberno destas características para Galicia e afirmaron que a diferenza destos partidos, cuxo único afán é traballar en contra do PP, “os populares traballamos en positivo, cun único obxectivo, que non é outro que a preocupación por Galicia e polos problemas dos cidadáns”- afirmaron.