Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Galicia necesita estabilidade e un Goberno sensato que se ocupe polos problemas reais dos cidadáns”

Nun mitin no Colexio Méndez Pelayo de Lugo, o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, afirmou que o que necesita a nosa comunidade é un “Goberno Feijóo” ao que calificou coma un executivo sensato que se ocupa e preocupa polos problemas reais dos cidadáns.

Acompañado polos candidatos Jaime Castiñeira e Lourdes Yáñez, José Manuel Barreiro puxo de manifesto que os tres obxetivos do partido popular son: estabilidade política e institucional, a constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

Manifestou José Manuel Barreiro que Galicia, sufreu, ao igual que o resto do estado, a crise económica, pero Alberto Núñez Feijóo soupo facer un diagnóstico cando chegou a Xunta de Galicia, fixando obxectivos e tomando medidas pioneiras.

“Gracias a que se fixeron as cousas como é debido, Galicia non necesitou pedir nin un euro do plan de pago a proveedores nin acudir a préstamos, ten as contas saneadas, menos débeda e máis servizos sociales con máis centros de saúde e máis axuda a quen o precisa”- manifestou.

Manifestou Barreiro que mentras uns se adican a vir a provincia de Lugo e a demáis partes do estado a facer demagoxia e a mentir, outros adícanse a traballar para solventar os problemas dos cidadáns, a proba máis recente viuse con Pémex.

“Rubalcaba e Pachi Vázquez esixían a Feijóo que mostrase os contratos asinados con Pémex, tachábano, xunto aos directivos de Pémex, de mentireiros. Esperemos que agora non lle chame tamén mentireiro ao Presidente de México tras ratificar a plena valía dos contratos con Navantia e Barreras para a construcción dos dous floteis. Queda totalmente demostrado que quenes menteron foron os socialistas, sementando dúbidas entre os traballadores do naval”- afirmou.

O líder dos populares lucenses lembrou que foi o PSOE o causante de que máis de cinco millóns de cidadáns estén en situación de desemprego e instou aos socialistas a que deixen a súa política da mentira e se poñan a traballar.

“Eles crearon o problema e non o souberon arranxar; pois a lo menos que teñan a decencia de deixar traballar aos que loitamos por sacar a España da crise. Que se deixen xa de mentir porque ninguén os cree. Neste caso, co de Pémex, queda totalmente comprobado que as xestións do Partido Popular para levar traballo aos estaleiros tiveron sempre unha validez total”- manifestou.

Jaime Castiñeira e Lourdes Yáñez tamén resaltaron a boa xestión de Alberto Núñez Feijóo, a quen definiron como un exemplo claro de solvencia, rigor, responsabilidade e boa xestión.