Tras rematar o mitin en Lugo, o Presidente Provincial viaxou ata o Concello veciño de Outeiro de Rei para participar, xunto coa cabeza de lista, Raquel Arias, noutro mitin.
Barreiro quen comezou a súa intervención pedindo o voto para Alberto Nuñez Feijóo, mostrou prudencia con respecto á valoración das enquisas
“Para nós é importante que haxa unha tendencia clara que demostra que unha maioría ampla de galegos confía no PP, e polo tanto valora positivamente o traballo feito esta lexislatura pero ao mesmo tempo hai que evitar en toda regra calquera indicio de triunfalismo ou relaxación”-manifestou.
Afirmou o líder dos populares lucenses que o resultado das enquisas é un reforzo ao traballo que o Partido Popular veu facendo dende o comezo da campaña, “unha liña que hai que seguir para convencer á alta porcentaxe de indecisos que aínda non teñen claro que opción votar”- engadíu.
A cabeza de lista, Raquel Arias tamén fixo referencia aos resultados das enquisas, mostrándose prudente na súa valoración
«Son boas novas, pero a verdadeira enquisa verase o vindeiro 21 nas urnas»- afirmou Arias, quen ademais matizou o que demostran todas as sondaxes é que Jorquera e Pachi van perder apoios, “todo apunta a que os galegos van castigar a unha oposición que foi desleal e oportunista, máis preocupada por tensionar á sociedade para gañar votos que en axudar a solucionar os problemas de Galicia” manifestou.
Presidente provincial e cabeza de lista destacaron o bo traballo de Alberto Núñez Feijóo a quen definiron coma o líder da solvencia, rigor e responsabilidade e destacaron o traballo que está a desenvolver no tocante a o sector gandeiro, sector moi representativo en Outeiro de Rei.
Falaron Barreiro e Arias dos problemas que están a atravesar os gandeiros pola baixa dos prezos do leite, acrecentada pola diferenza inxustificada no valor do leite existente entre a nosa comunidade e outras comunidades autónomas. Pero Galicia veu facendo os deberes ao longo destes tres anos e, da man do Ministerio, saberá pórlle solución a esta situación”- manifestaron.
Citaron os populares as medidas dirixidas a mellorar a competitividade, tales como: a ampliación da base territorial das explotacións, a mellora da eficiencia enerxética, a achega de liquidez, a mellora na capacidade financeira das explotacións adiantando axudas e outorgando achegas en época de crise, e a contribuíron a mellorar a estrutura comercial promovendo a diferenciación do noso leite e estruturando o sector produtivo de cara a entrada en vigor do “paquete lácteo”.
Concluíron os populares pedindo o voto para Alberto Núñez Feijóo, quen demostrou e demostra día tras día a súa boa xestión e a súa preocupación polos problemas dos cidadáns.